Monday 13 de May de 2024

A Casa da Cultura acolle mañá venres o Festival de Curtas de Brión, coa proxección das mellores curtas do festival Cortoespaña


A sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión acollerá mañá venres 2 de decembro, ás 20:00 horas, o Festival de Curtas de Brión, unha iniciativa na que se proxectarán as mellores curtas cinematográficas do festival Cortoespaña de 2011 a 2015. Un acto recomendado para maiores de 13 anos e que será de entrada libre e de balde ata completar aforo. O acto está organizado polo Concello de Brión en colaboración con Cortoespaña.